O xeneral da Brilat desprázase a Afganistán nun momento crave para o repregamento das tropas españolas
Por Natalia Puga
O xeneral xefe da Brigada de Infantería Lixeira (Brilat), José Antonio Alonso Miranda, realizou esta semana a súa primeira visita ao contingente da Brigada que se atopa despregado en Afgansitán desde o pasado outono. Fíxoo para un acto simbólico, pero determinante no proceso de repliegue das tropas españolas no país que se agudizou coa chegada da Brilat.
Coa presenza do xeneral Alonso, España fixo efectiva a trasferencia do Posto Avanzado de Combate 'Bernardo de Gálvez 2' (COP polas súas siglas en inglés) de Ludina ao Goberno afgano. De estar ocupado por soldados españois, desde este xoves 21 de febreiro está en mans do Ejercito Nacional Afgano (ANA).
O Ministerio de Defensa difundiu a noticia unha vez que xa se fixo efectiva a transferencia do mando da COP. O último contingente español destacado en Ludina, formado por unha Compañía da Brilat e persoal de apoio doutras unidades das Forzas Armadas, atópase xa san e salvo na Base de Qala-i-Naw, a donde chegaron sobre as 10.00 horas (hora española), tras replegarse do COP.
O contingente realizou a viaxe a Qala-i-Naw pola ruta 'Lithium' en vehículos blindados RG-31 e Lince, así como en vehículos de transporte pesados e lixeiros para retirar todo o material co que estaba equipado a base, tras facer entrega das instalacións ao Goberno Islámico da República de Afganistán, representado polo seu Exército.
No acto formal de entrega ao Exército Nacional Afgano tomaron parte o xeneral Alonso Miranda e o xefe das tropas españolas en Qala-i-Naw, o coronel da Brilat Fernando García González-Valerio, en representación española. En representación afgana estiveron o vicegobernador da provincia de Bagdhis, Camarudin Shekeb, e o xeneral Dawood Sha Wafad, xefe da Brigada 3/207 do ANA.
A cerimonia empezou coa chegada do xeneral Alonso ao COP de Ludina, onde se lle renderon os honores de ordenanza. Inmediatamente despois procedeuse a arriar solemnemente a bandeira nacional que ata hoxe presidía as instalacións. Esta bandeira, a última que ha ondeado neste lugar da provincia de Bagdhis, será entregada para a súa custodia ao Museo do Exército de Toledo.
A localidade de Ludina atópase situada no norte da provincia de Bagdhis e dentro da denominada ruta 'Lithium', unha vía estratéxica para garantir as comunicacións na provincia afgana. A misión da COP era proporcionar seguridade na zona norte da provincia, especialmente durante a construción da'Lithium', levar a cabo proxectos de desenvolvemento cívico-militares (CIMIC) en torno á base e apoiar o desenvolvemento dunha gobernación efectiva de acordo coa política do Goberno da República Islámica de Afganistán, con obxecto de establecer unhas condicións duraderas para a paz e estabilidade na provincia de Badghis
Durante este tempo, os numerosos militares que pasaron pola base garantiron a seguridade na zona, arrinconando á insurxencia e permitindo ás autoridades afganas e ás súas forzas de seguridade exercer un control efectivo da rexión.
Catro soldados españois entregaron a súa vida para dar estabilidade e paz á zona norte da provincia de Badghis, na que agora comezou o repliegue das nosas forzas: o sarxento primeiro Joaquín Moya Espello, o sarxento Manuel Argudin Perrino, o soldado John Felipe Romeu Meneses e a soldado Niyireth Pineda Marín. Aos catro rendéuselles homenaxe no acto de hoxe.
Relacionadas:
-
A Brilat regresa oficialmente de Afganistán a partir deste xoves
Por Redacción |
-
Os primeiros militares españois en Afganistán volverán a casa a próxima semana
Por Oskar Viéitez |
-
Bye bye Moqur... A Brilat protagoniza un novo hito no repregamento de Afganistán
Por Redacción |
-
A Brilat toma o mando en Afganistán nun punto de non retorno da misión
Por Natalia Puga |