Protección Civil de Cambados retira tres enxames de avespa asiática
Por Redacción
A avespa asiática, a vespa velutina, mantivo este luns moi ocupado ao equipo de Protección Civil de Cambados que tivo que retiran tres enxames na senda do Umia e detrás da Pastora.
Habitualmente retírase un niño ao día, segundo informaron desde Protección Civil de Cambados.
Para a retirada destes enxames os membros da agrupación empregan un traxe especial facilitado polo servizo 012 despois de que os efectivos participasen nun curso específico no que se lles deron as pautas para exterminalas con garantías.
As tarefas da vendima que multiplicaron o número de persoas que acoden ao campo é unha das razóns que está detrás deste incremento no número de alertas pola aparición de enxames de avespa asiática.