Ano récord no Camiño Portugués que pechará 2016 con máis de 50.000 peregrinos
Por Alejandro Espiño
O Camiño Portugués segue crecendo en relevancia. Poucos itinerarios de peregrinación a Santiago poden presumir, ano tras ano, de aumentar a presenza de peregrinos. E este 2016 deixará cifras récord, segundo adiantou o presidente da asociación Amigos do Camiño Portugués, Tino Lores. Máis de 50.000 peregrinos pasarán este ano por Pontevedra, capital desta ruta espiritual.
É tan só un adianto do que supoñerá para o Camiño Portugués o ano santo de 2021. Tino Lores calcula que entón se superarán os 100.000 peregrinos.
Por iso, recomendou a todas as administracións implicadas na xestión e difusión dos camiños de peregrinación a Santiago que, entre todos, "pongamos todo a funcionar" para telo todo a punto para esa data.
O presidente da asociación Amigos do Camiño Portugués citou expresamente os traballos que se necesitan para arrombar a ruta que une Tui con Santiago ou os esforzos para mellorar a oferta hosteleira e de albergues ao longo de todo este camiño.
"Hai que buscar alternativas para evitar problemas", recomendou.
Ademais, Tino Lores destacou que a ruta espiritual que une Pontevedra con Vilanova de Arousa e que percorre todo O Salnés ten "cada vez máis potencial" e debe ser un camiño a explotar, igual que a ruta do Pai Sarmiento, a pesar de que esta non está recoñecida oficialmente como un camiño de peregrinación.
Relacionadas:
-
Homenaxe á camelia no Albergue de Peregrinos
Por Redacción |
-
O BNG reclámalle á Xunta as melloras pendentes do Camiño Portugués
Por Antía Fernández Buján |
-
Unha empresa de Florentino Pérez encargarase do mantemento do albergue de peregrinos
Por Alejandro Espiño |
-
Propoñen que Pontevedra se sume á ruta do Pai Sarmiento
Por Redacción |
-
Membros do Parlamento Europeo fan un treito do Camiño Portugués
Por Redacción |
-
Integrantes da asociación Down Xuntos realizan o Camiño a Santiago
Por Redacción |