Núñez Feijóo realiza un balance vitorioso no encontro coa Xunta Directiva Provincial do PP
Por Mónica Patxot
Na tarde deste martes, o Partido Popular mantivo unha reunión da Xunta Directiva Provincial en Pontevedra coa presenza de Alberto Núñez Feijóo, candidato popular que nas próximas semanas volverá ocupar a presidencia da Xunta de Galicia e o presidente provincial dos populares, Alfonso Rueda.
Rueda sinalaba antes deste encontro que se trata dunha convocatoria habitual despois das eleccións para analizar os resultados cos alcaldes, presidentes locais e persoas implicadas dentro do partido coa intención de facer un balance e buscar solucións aos fallos que se cometeron para tratar de mellorar estes resultados en próximas citas electorais.
O presidente provincial do PP destacou a implicación dos integrantes do seu partido nestas eleccións autonómicas logrando uns bos resultados na provincia cun incremento de votos e de porcentaxe de votos respecto das anteriores autonómicas. Ademais, sinalou que o acto tamén é unha mostra de agredicimiento ao traballo realizado polo candidato Alberto Núñez Feijóo, que se incorporou con atraso de case unha hora ao acto.
Alfonso Rueda referiuse tamén á unidade que mostra o PP fronte a outras formacións políticas e citou os enfrontamentos internos do Partido Socialista para explicar os malos resultados desta agrupación. E apuntou que o electorado aposta por propostas concretas e non por estratexias como as que empregan os outros partidos de ir contra un candidato, neste caso, Núñez Feijóo.
Relacionadas:
-
Rueda pon ao PP a traballar para as próximas eleccións municipais, dentro de 30 meses
Por Redacción |
-
Alfonso Rueda, en PontevedraViva Radio: "Presentaremos á mellor persoa para optar á alcaldía en 2019"
Por Alejandro Espiño |
-
Case un de cada dous votos dos pontevedreses no exterior foi para o PP
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra tínguese de azul: o PPdeG gaña en 60 dos 62 concellos; o PSdeG, na Illa e Fornelos
Por Alejandro Espiño |