A científica pontevedresa Carmen Martínez, na selección española da ciencia
Por Redacción
O pioneiro labor de investigación da doutora Carmen Martínez na recuperación de variedades autóctonas da vide, no estudo da sensibilidade a enfermidades fúngicas, do comportamento en campo das plantas de vide multiplicadas por cultivo in vitro ou do aproveitamento e posta en valor dos residuos vitivinícolas, foi destacada por un xurado científico, que elixiu á directora do Grupo de Viticultura da Misión Biolóxica de Galicia-CSIC para formar parte da Selección Española da Ciencia 2016.
Carmen Martínez sitúase na elite xunto a prestixiosos investigadores de diferentes áreas de coñecemento como Mariano Barbacid, Pedro Cavadas, José Manuel Galán, Miguel Delibes de Castro, Francis Mojica, ou Manel Esteller entre outros.
Nos seus trinta anos de traxectoria profesional, Carmen Martínez contribuíu a impulsar o sector vitivinícola desde o ámbito científico localizando, describindo e recuperando variedades de uva descoñecidas e en vías de extinción e que, na actualidade, empréganse na produción de viños de alta calidade conseguindo un dos seus grandes obxectivos: transferir o coñecemento científico ao sector empresarial.
Tamén realizou estudos sobre a sensibilidade a enfermidades fúngicas das distintas viníferas e os seus mecanismos defensa fronte a estes patóxenos, o comportamento en campo das plantas de vide obtidas mediante multiplicación in vitro, ou o aproveitamento e posta en valor dos residuos vitivinícolas, segundo a variedade de vide de que se trate.
Carmen Martínez foi pioneira na utilización de técnicas de ADN para a descrición e variedades autóctonas, e na selección de clons, como é o caso do Albariño.
Para a súa elección como membro da Selección Española da Ciencia 2016 pola recoñecida revista QUO, tamén foi fundamental o papel da doctora Martínez na recuperación da "viticultura heroica" en Asturias tras desenvolver un completo traballo de I+D+i, cuxos resultados permitiron o despegamento dun sector vinícola competitivo.
Relacionadas:
-
O doutor Barbacid, recibido con todas as honras na Deputación
Por Redacción |
-
RADIO.- Cara a cara. Virginia Pozo, unha empresaria da moda entre os Amigos de Pontevedra
Por Marisa Ciordia |
-
"Brava galega" e "Mansa galega". De que estamos a falar?
Por Oskar Viéitez |
-
Científicos pontevedreses descifran os segredos do herbario máis antigo do mundo
Por Redacción |
-
Viña Moraima principia coa Misión Biológica a vinificación experimental da variedade "ratiño"
Por Redacción |
-
Novidade mundial: Vendense clones de Albariño
Por Oskar Viéitez |