Deseñan no campus de Pontevedra un programa de pilates para persoas con Párkinson
Por Redacción
Despois de só tres meses, os participantes nun estudo sobre o Párkinson no campus de Pontevedra experimentaron melloras no seu equilibrio, nos seus niveis de forza ou no seu control corporal.
Son as consecuencias positivas da investigación sobre o uso do pilates dirixido a mellorar a calidade de vida das persoas afectadas por esta enfermidade neurodegenerativa.
A investigación está dirixida por José María Cancela e Irimia Mollinedo na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte.
En colaboración da asociación Apropark puxeron en marcha cun protocolo de actuación con grupo de afectados polo Párkinson, co obxectivo de analizar se os exercicios de pilates contribúen a unha melloría "de su capacidad pulmonar e aeróbica y de su nivel de fuerza muscular", parámetros que marcan a melloría na autonomía da persoa, segundo explicou Cancela.
O protocolo foi posto en marcha cun grupo de 16 persoas, que durante tres meses realizaron sesións semanais dunha hora de duración, coas actividades deseñadas polos investigadores.
Entre as conclusións do estudo, destacan as melloras rexistradas no control dos movementos dos paciantes, algo "moi importante á hora de evitar caídas", sinalou Irima Mollinedo.
En todo caso José María Cancela aclarou que "non é un programa aplicable a todo o mundo", xa que se necesita "duns mínimos de condición física" ao tratarse de exercicios intensos, sinalou ao boletín da Universidade de Vigo. Por ese motivo neste primeiro estudo seleccionáronse pacientes que se atopan entre os estadios 1 e 3 da enfermidade.