Pontevedra preside esta semana en Torrelodones o Congreso das Cidades que Camiñan
Por Redacción
Pontevedra participa este xoves e venres en dúas citas relacionadas co modelo de cidade: no IV Congreso da Rede de Cidades que Camiñan da que Pontevedra asume a presidencia que se celebrará en Madrid, e no curso de formación sobre "A redución da velocidade do vehículo privado nas cidades, obxectivo de mobilidade sostible e factor de convivencia cidadá" que organiza a Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP) dentro do seu programa de formación contínua na súa sede de Madrid.
O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, como rexedor de Pontevedra, participará no Congreso das Cidades que Camiñan, e o intendente principal da Policía Local, Daniel Macenlle será o encargado de disertar no curso da FEMP coa ponencia "A pacificación do tráfico como fórmula para reducir a lesividade".
A primeira intervención será na sede da FEMP, o xoves, 13 de outubro, a cargo de Daniel Macenlle que participará nunha mesa de experiencias municipais na redución da velocidade no ámbito urbano, no que compartirá sesión co director de mobilidade, vías públicas e obras do Concello de Irún.
Segundo recolle a propia FEMP na súa web, o obxectivo deste curso é "concienciar e informar da necesidade de intentar reducir a velocidade media do vehículo privado na cidade como factor clave na mellora da mobilidade urbana, a calidade de vida e a saúde dos cidadáns, e o medio ambiente".
A continuación o alcalde será o encargado de abrir o Congreso das Cidades que Camiñan que se celebra no concello madrileño de Torrelodones os días 13 e 14 de outubro. O alcalde tamén ofrecerá a conferencia "Ciudad que camina, ciudad que crece" sobre as boas prácticas en mobilidade sostible, seguridade viaria e accesibilidade universal.
Relacionadas:
-
'Ciudades que Caminan', a rede presidida polo Concello de Pontevedra, ultima o seu oitavo congreso
Por Redacción |
-
Lores: "A política e os municipios teñen que comprometerse moito máis en defensa do hábito de camiñar"
Por Redacción |
-
Ana Pontón levará ao Parlamento o modelo de mobilidade da Boa Vila
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Pontevedra, referencia para os municipios españois na redución da velocidade nas cidades
Por Redacción |
-
O modelo urbano de Pontevedra interesa a Vilanova de Famaliçao
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Tonucci: "Os nenos son peóns e nada máis. Se a cidade non é axeitada para os peóns, resultan excluídos"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O Concello "redefinirá" o proxecto dos Camiños Escolares
Por Alejandro Espiño |