Pontevedra, referencia para los municipios españoles en la reducción de la velocidad en las ciudades
Por Redacción
Non era o propósito da xornada pero Pontevedra converteuse nunha protagonista involuntaria do curso de formación que a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) está a organizar en Madrid. E todo porque o seu modelo urbano foi obxecto de debate, reflexión e referencia en practicamente todos os relatorios da xornada.
Así o destacou o Concello, que asegura que o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores que participaba como observador, tivo que tomar a palabra para explicar a parte política do modelo de cidade ante o grande número de preguntas que suscitou a explicación de Daniel Macenlle, intendente da Policía Local e encargado de expoñer a realidade da cidade do Lérez.
Os custes económicos do modelo, as reticencias do comercio e dos residentes, os problemas de transporte público ou as queixas polos pasos elevados foron obxecto de controversia que o alcalde resumiu en que "a cidade é dos cidadáns e non dos intereses privados da cidade", materializados no vehículo particular.
No marco do curso "A reducción da velocidade do vehículo privado nas cidades, obxectivo da mobilidade sostible e factor de convivencia cidadá", o representante do comisariado europeo do automóbil, Eugenio de Dobrynine asegurou que "yo quisiera vivir en una ciudad como Pontevedra" ou dende a asociación de viandantes A Pie, Marcos Montes, asegurou que "Pontevedra es la muestra de que el espacio público es escaso y no es de los coches".
PONTEVEDRA SEGUIRÁ AL FRENTE DE LAS CIUDADES QUE CAMINAN
Ademais, Pontevedra vén de renovar a súa posición na presidencia da rede Cidades que Camiñan, na que participan municipios españois e portugueses que apostan por una mobilidade sostible e por dar prioridade aos peóns nos espazos urbanos.
Na xuntanza, celebrada na cidade de Torrelodones (Madrid), a rede informou de que nove concellos están preparando o seu propio metrominuto, a semellanza de Pontevedra, e se presentaron varios proxectos e alianzas para potenciar a creación de zonas 30 e a participación dos nenos no deseño das cidades.
Tamén se acordou que a quinta edición do congreso Cidades que Camiñan se celebrará en 2017 en Irún. Córdoba e Arahal (Sevilla) xa amosaron o seu interese por celebrar as seguintes citas desta xuntanza.
Esta asemblea xeral é a convocatoria previa á celebración do congreso da rede de Cidades que Camiñan, que será este venres en Torrelodones e no que Pontevedra participará a través dunha conferencia que impartirá o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores.
Relacionadas:
-
O Metrominuto chega a Monte Porreiro acompañado dunha guía comercial
Por Redacción |
-
Metrominuto inspira á Comunidade de Madrid
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra, na boca de todos
Por Redacción |
-
Os ciclistas de Cádiz piden á súa cidade que miren cara Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra recorda ás vítimas da "violencia viaria" presumindo de "cidade 30"
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
Pontevedra porá en valor a 'cidade 30' co gallo do Día mundial contra a violencia viaria
Por Redacción |
-
Ana Pontón levará ao Parlamento o modelo de mobilidade da Boa Vila
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Pontevedra preside esta semana en Torrelodones o Congreso das Cidades que Camiñan
Por Redacción |
-
O modelo urbano de Pontevedra interesa a Vilanova de Famaliçao
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Tonucci: "Os nenos son peóns e nada máis. Se a cidade non é axeitada para os peóns, resultan excluídos"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |