En 15 días o goberno local de Pontevedra presentará o borrador dos orzamentos para 2017
Por Oskar Viéitez
Nun prazo de "entre dez e quince días" o goberno local de Pontevedra presentará un primeiro borrador dos orzamentos municipais para o próximo exercicio, segundo informou o portavoz Raimundo González.
Cun escenario de prórroga do orzamento, o Ministerio de Facenda facilitou aos concellos un adianto das entregas a conta que recibirán os municipios o ano que vén do sistema de financiamento, uns 17.201 millóns, e da liquidación do ano 2015, 551 millóns; en total, 17.752 millóns de euros. Ademais, contan tamén cunha previsión do teito de gasto nominal que alcanza o 2,2 por cento e co cálculo tamén da inflación, que podería roldar o 1,3 por cento.
"Isto permítenos traballar co orzamento", sinalou o portavoz municipal.
Como novidade respecto ao orzamento actualmente en vigor, as contas do próximo ano sumarán os fondos do DUSI, aínda que por agora non se coñece a periodificación anual desas transferencias da Comunidade Europea. Outro aspecto que aínda non precisou o departamento de Cristóbal Montoro é se subirá o soldo dos funcionarios, unha circunstancia que tamén afectaría as contas municipais.
Ademais, Raimundo González mostrou a súa preocupación pola "posibilidade", que anticipou o Goberno en funcións, de aplicar "coeficientes incrementados" do imposto sobre bens inmobles (IBI) para contribuír ao cumprimento do obxectivo de déficit do 3,1% comprometido para 2017. "Quero pensar que só é literatura e non unha ameaza de subida", dixo o concelleiro pontevedrés que interpreta que con esta intención "pódese estar referindo a aqueles inmobles que teñen os valores sen actualizar".
Lembremos que as variacións no IBI son competencia dos concellos, aínda que o Executivo esboza esta medida para recadar máis.
Relacionadas:
-
Os veciños tamén poderán facer achegas ao orzamento municipal
Por Alejandro Espiño |
-
Máis investimentos e menos gastos nun orzamento que crecerá ata os 72,8 millóns en 2017
Por Alejandro Espiño |
-
Lores rexeita a oferta do PP para negociar os orzamentos: "É un brinde ao sol"
Por Alejandro Espiño |
-
O PP invita o BNG a negociar os orzamentos coa condición de baixar os impostos
Por Redacción |
-
Pontevedra recibe dez millóns de fondos europeos para o seu proxecto "+Modelo Urbano"
Por Alejandro Espiño |
-
O presuposto municipal para 2017, pendente dunha carta de Montoro
Por Alejandro Espiño |
-
Os impostos e taxas municipais, conxelados por terceiro ano consecutivo
Por Alejandro Espiño |