A flota pesqueira de Marín retira 6.000 quilos de residuos das costas galegas
Por Redacción
Un total de 6.000 quilos de lixo mariño retiraron das costas galegas os barcos que integran a frota pesqueira de Marín desde o pasado mes de xaneiro.
Todos eses residuos fóronse recepcionando por parte da autoridade portuaria, unha vez os barcos chegaron a porto, e depositáronse nun compactador. Este martes foron trasladados a un xestor autorizado.
Esta actividade é continuación dos proxectos ambientais Nada pola borda e Pescal, xa finalizados oficialmente, pero que o porto decidiu seguir mantendo en colaboración cos armadores de pesca e a empresa marinense Casercan.
O Porto de Marín é pioneiro en proxectos ambientais relacionados coa retirada e xestión de lixos mariños.
Ademais, continúa cos procesos de recollida selectiva doutros residuos portuarios como pneumáticos, pilas, poliexpan, redes, papel e cartón ou plásticos.
Relacionadas:
-
O porto de Marín retirou 715 toneladas de residuos
Por Redacción |
-
A Autoridade Portuaria adhírese ao decálogo contra os lixos mariños
Por Redacción |
-
640 persoas retiran máis de 12 toneladas de residuos nunha limpeza simultánea de ríos
Por Oskar Viéitez |
-
Retiran 35.000 quilos de residuos dos fondos mariños de portos pontevedreses
Por Redacción |