O 20% dos tumores de mama danse en mulleres menores de 45 anos
Por Mónica Patxot
Con motivo do Día Mundial contra o Cancro de Mama, que se celebra este mércores 19 de outubro, a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) quere facer especial fincapé neste tipo de cancro que cada ano afecta a máis de 26.000 mulleres, e concretamente a porcentaxe de mulleres novas menores de 45 anos.
As afectadas por este tipo de tumor, nesta franxa de idade, son o centro dunha campaña que quixo poñer o foco nas súas dúbidas e especiais necesidades.
Nunha acertadísima campaña, a AECC encheu a rúa da Oliva de paraugas de cor rosa tratando de chamar a atención sobre esta enfermidade co propósito de informar á cidadanía.
A iniciativa estivo acompañada dun photocall para que os cidadáns subisen as súas fotos ás redes sociais, ademais instalouse unha mesa informativa onde os voluntarios repartiron dípticos e lazos de cor rosa e tamén se puxeron á venda lentes de sol, paraugas e bolsas da compra.
26.500 CASOS AO ANO EN ESPAÑA
O cancro de mama é o máis frecuente dos tumores en mulleres en España. A incidencia de cancro de mama empeza a incrementarse a partir de 35, é unhas tres veces máis frecuente a partir dos 50 e aos 55 de estabiliza. A tendencia de incidencia sufriu un certo incremento nos últimos anos, e este incremento foi similar en todos os grupos de idade, non se produciu só nas mulleres máis novas.
Afortunadamente, o cancro de mama é un dos tumores con mellor prognóstico e maiores índices de supervivencia e cronificación, grazas a unha maior concienciación social sobre a súa detección precoz e a consecuente redución do risco de desenvolvelo, así como tamén debido un maior esforzo en investigación. A supervivencia aumenta un 1,4% cada ano e a súa taxa sitúase preto do 83% aos cinco anos do diagnóstico.
Tres de cada catro casos son diagnosticados en estadios iniciais e só un 4% presenta metástase ao diagnóstico. Isto foi posible en gran medida grazas á posta en marcha de programas poboacionais de detección precoz en todas as comunidades autónomas.
Relacionadas:
-
Na procura de 500.000 euros para promover a investigación do cancro a través de biopsia líquida
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O Hospital Provincial organiza un taller de maquillaxe para pacientes oncolóxicas
Por Redacción |
-
O novo mamógrafo dixital da Parda xa explorou un total de 1.600 mulleres
Por Redacción |
-
Os pacientes oncolóxicos de Arousa poderán ser atendidos dende outubro no Hospital do Salnés
Por Redacción |