A cociñar tosta xuntos en Amencer-Aspace
Por Redacción
A asociación Amencer-Aspace-Galicia desenvolveu este xoves na Escola Naval de Marín a primeira fase eliminatoria do segundo concurso 'En Aspace Cociñamos Xuntos'. Trátase dun certame que une ao redor dos fogóns a persoas con parálise cerebral en colaboración con familias e traballadores para elaborar a mellor tosta con produtos típicos do outono como champiñóns, cabaza e castañas.
Das oito parellas participantes gañou a formada por Hugo Rodríguez e a súa nai María del Carmen, que recibiu unha cesta con produtos de alimentación.
Os membros do xurado destacaron a gran calidade das tostas elaboradas por todos os participantes e a importancia de iniciativas solidarias nas que interveñen empresas colaboradoras e a Armadas.
Agora realizaranse outras dúas semifinais, na Coruña e Vigo, e os gañadores das tres competirán nunha final que se celebrará o próximo 10 de novembro.