O mal estado do aparcadoiro fronte ao Pavillón desata as queixas dos usuarios
Por Oskar Viéitez
O aparcadoiro gratuito sito no paseo de Domingo Fontán, fronte ao pabellón dos deportes presenta un estado calamitoso. Os usuarios deste espazo quéixanse do abandono que presenta o recinto, con fochancas por todas partes e grandes balsas de auga.
ÿ un problema que se repite cada inverno debido a que nunca se buscou unha solución definitiva para o estacionamiento.
Os terreos son titularidade de Costas do Estado, e teóricamente non deberían estar destinados para aparcadoiro. Pola súa banda o Concello acomete, habitualmente durante o período estival, unha actuación branda consistente en botar gravilla e tapar as fochancas, que apenas resiste as inclemencias do inverno.
As persistentes choivas deste ano aceleraron o deterioro do recinto impedindo aos condutores estacionar con comodidade e sen que os vehículos sufran danos.
Este aparcadoiro disuasorio está a disposición da cidadanía desde agosto do 2006. Segundo datos da Policía Local, estas dúas parcelas permiten aparcar a 150 e 125 vehículos respectivamente. ÿ dicir, un total de 275 condutores poden facer uso a diario desta zona, situada entre as pontes de Santiago e do Burgo, para deixar os seus coches de balde e moi preto do centro urbano.