Un condutor resulta ferido nun accidente en Cerponzóns
Por Redacción
Un home de 39 anos resultou ferido ás seis desta mañá do martes cando circulaba en sentido Santiago pola Nacional 550, no quilómetro 114, á altura da parroquia de Cerponzóns. Por causas que aínda están por determinar pero que parecen relacionadas coa presenza de xeo na calzada, o vehículo saíuse da vía e envorcou.
O condutor sufriu feridas de distinta consideración e tivo que ser trasladado por unha ambulancia asistencial do 061 ao Hospital Domínguez.
Debido á aparatosidade do accidente, a Garda Civil de Tráfico tivo que solicitar medios de limpeza e mantenemento para a estrada, ademais de sal para eliminar o xeo amoreado da calzada.