InfinitC busca no campus estudantes con talento
Por Redacción
Deseñar un proxecto de márketing, comunicación, publicidade ou patrocinio para unha empresa real e optar con este a unhas prácticas remuneradas nos departamentos responsables destas tarefas en empresas como Coca-Cola, Banco Santander, Yoigo e Pernod Ricard. Este é o eixo do concurso EstudiantesConTalento, que promove a consultora InfinitC, que este venres presentou na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación a terceira edición dunha iniciativa que o pasado ano tivo entre os e as súas finalistas a dúas estudantes do centro.
"Trátase de dar ao alumnado a oportunidade de vivir unha experiencia real, de enfrontarse a un proxecto real para unha empresa", salienta neste senso Ignacio Lacia, director do observatorio de patrocinio da empresa promotora, que estivo acompañado nesta presentación pola estudante da facultade Laura del Castillo, finalista nas dúas primeiras edicións deste concurso.
Con preto dun milleiro de participantes na súa anterior edición, EstudiantesConTalento é un concurso dirixido "a alumnado de a partires do segundo curso de calquera titulación", que dispoñen de prazo ata 16 de decembro para presentar os seus proxectos. Previamente, segundo explicou Lacia, teñen que inscribirse na web do concurso "e mandaráselle un briefing ao azar, dunha das tres marcas que escollan", no que se recollen as características da acción de comunicación ou márketing que deben deseñar.
"De entre todos os participantes escóllense cinco ou seis finalistas por marca, en función da calidade dos traballos, que se veñen con nós a Madrid a presentar o seu traballo" ante os directivos responsable deste proxecto en cada unha das empresas.
Segundo informa o Diario da Universidade de Vigo, eO gañador en cada un delas terá como premio a posibilidade de realizar prácticas remuneradas, de entre tres e seis meses, nas empresas participantes, así como a súa participación nas conferencias de patrocinio que organiza anualmente InfinitC, nas que terá que defender o seu traballo o gañador absoluto.
Relacionadas:
-
Laura del Castillo, nova responsable da base do Teucro
Por Redacción |
-
Dúas universitarias pontevedresas finalistas do concurso 'EstudiantesConTalento'
Por Redacción |
-
Na procura de #EstudiantesConTalento
Por Redacción |
-
Unha "burbulla" pontevedresa no anuncio de Freixenet para este Nadal
Por Alejandro Espiño |