Susto na avenida da Estación ao arder un contedor cargado de mobles vellos
Por Redacción
Menudo susto o que viviron onte á noite os veciños da avenida da Estación. Un incendio nun contedor de obra situado nun calello próximo ao ximnasio Budo provocou unha enorme axitación. Foi contra as once da noite.
Tras ser alertados polos veciños, a Policía Nacional deu aviso aos Bombeiros de Pontevedra. Durante algo máis dunha hora, os bombeiros afanáronse en sufocar as lapas en ditos escombros para evitar que se expandiese aos edificios colindantes.
Debido aos materiais compactos que había en dito contedor de obra, especialmente colchóns, cadeiras, sofás, madeiras e mantas aislantes, orixinouse unha gran fumareda, que xunto co forte cheiro a queimado, foi perceptible desde varios puntos da cidade.
Polo momento, descoñécense as causas que puideron orixinar o incendio.