Os 'avós' da protectora buscan fogar
Por Natalia Puga & Mónica Patxot
Chico é un can "muy guapo y muy bueno" e busca un novo fogar. Na súa mesma situación hai preto de 150 animais na Protectora de animais Os Palleiros, pero a súa situación é moi especial: é o inquilo máis antigo do refuxio de Campañó, no que xa leva 10 anos. É un dos 'avós' das instalacións, pero non el único, senón que hai ao redor de 25 no seu mesma situación esperando ser adoptados ou acollidos ao coidado de Os Palleiros e neles estase centrando a nova campaña de adopción da entidade.
Represntantes de Os Palleiros e a concelleira Pilar Comesaña presentaron este mércores o calendario 2017 da protectora, co que, como cada ano, esperan recadar fondos que lles axuden a manter as instalacións e dar a correcta atención e asistencia veterinaria aos animais acollidos. Este ano, como novidade, os protagonistas son os 12 cans máis veteranos nas instalacións, cans que, como Mozo, levan máis de oito anos esperando un novo fogar.
"Son perros que llevan con nosotros mucho tiempo. Se merecen un mejor hogar", explicou a presidenta de Os Palleiros, Gloria Cuvas. Aínda que no refuxio están ben atendidos, consideran que "mejor en un hogar y más siendo tan mayores" e se "todos lo merecen, ellos más", pois están xa na recta final da súa vida e merécense pasala na calor dun fogar e non nunha canceira con 150 ocupantes máis.
Ademais de protagonizar o calendario 2017, os 'avós' tamén serán os actores principais do mercadillo que se celebrará este sábado 5 de novembro na praza de Ourense. Entre as 11.00 e as 20.00 horas, voluntarios da entidade e membros da directiva venderán os calendarios, camisetas, sudaderas, polares e obxectos feitos a man e, ademais, tentarán promover que estes veteranos atopen fogar. Para iso, uns 15 destes 'avós' estarán presentes na praza de Ourense.
Entre os cans para os que máis urxe atopar un novo fogar están Estrela e Titno, cunha enfermidade por insuficiencia renal; e Fistro, que ten unha displasia. Os tres son maiores e están enfermos, de modo que na protectora buscan persoas que os adopten ou, polo menos, lévenos acollida, pois nesta última situación é a propia protectora a que asume os gastos de medicamentos, alimentación e veterinario, valorados nuns 100 euros ao mes para estes tres cans.
Na protectora detectaron un descenso do número de adopcións no que vai deste ano 2016. O ano pasado houbo 267 entradas de animais abandonados e 274 adopcións, pero no que vai deste ano e recibiron a máis cans e houbo menos adopcións, 58 nos tres últimos meses. Esta tendencia deixa un saldo negativo que subiu a 147 cans a poboación actual do refuxio e eleva a 80.000 euros o orzamento anual que necesita Os Palleiros. 27.000 achégaos o Concello, pero para o resto piden a colaboración dos cidadáns.