Un condutor denuncia un 'gorrilla' por impedirlle aparcar na praza de Galicia
Por Redacción
Un conductor denunciou o luns a un 'gorrilla' dos que habitualmente se dedican a axudar a estacionar vehículos na praza de Galicia.
Os feitos aconteceron sobre as 16.30 horas na rúa Augusto García Sánchez. O citado condutor pretendía estacionar o seu vehículo nunha praza de aparcadoiro que estaba baleira cando se topou coa oposición dun 'gorrilla'.
Esta persoa impedíalle estacionar e iniciouse un enfrontamento verbal, de modo que o condutor chamou a Policía Nacional.
Unha patrulla compareceu na zona e identificou o 'gorrilla' que fora denunciado polo condutor.