Marcón aproba por unanimidade o proxecto do parque forestal da Fracha
Por Oskar Viéitez
A asemblea da comunidade de montes de Marcón aprobou por unanimidade o proxecto do parque forestal da Fracha que promove o Concello de Pontevedra xunto aos comuneiros de Tomeza e A Canicouva.
A asemblea tamén aprobou a recuperación ambiental de Monte Carrasco.
Descartado xa o Hospital de Monte Carrasco, agora a idea é aproveitar a construción da Rolda Este de acceso a Montecelo para encher coa terra sobrante os terreos do Carrasco que actualmente se atopan moi degradados tras o desterre efectuado no seu día para os recheos do Porto de Marín.
Os comuneiros tamén autorizaron a cesión de terreos para construír un novo depósito de auga para o abastecemento da traída do lugar de Pintos xa que os depósitos actuais están afectados polas obras da autovía A-57.
Relacionadas:
-
O parque forestal da Fracha impulsará plantar 11.000 árbores e eliminar 160.000 acacias
Por Natalia Puga |
-
O parque forestal da Fracha, máis preto
Por Alejandro Espiño |
-
En setembro retomarase o proxecto do parque forestal da Fracha
Por Redacción |
-
O Parque da Fracha ocupará 240 hectáreas co reto de ser exemplo de xestión forestal
Por Redacción |