1.653 persoas estudan na Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra
Por Redacción
O número de matriculados na Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra e nas súas seccións no curso 2016/17 sitúase en 1.653 persoas, segundo os datos definitivos recollidos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Por idiomas, o inglés segue a ser o que conta con máis estudantes, con un total de 914 matriculados, seguido do francés 271, o alemán 177 e o italiano 116.
O curso de portugués conta con 123 matriculados, mentres que o de galego 52.
A Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra é o segundo centro da provincia en número de estudantes despois de Vigo que concentra maior actividade con 4.091 matriculados. O terceiro lugar ocúpao Vilagarcía (1.149).