Volven as bolas máxicas. Comeza a pretempada de petanca
Por Redacción
Pontevedra non ten moita tradición no xogo da petanca, pero hai quen pensa que nunca é tarde para empezar na cidade do Lérez co popular xogo que se practica en varios países del Mediterráneo e Arxentina.
Unha vintena de pontevedreses arrincaron hoxe coa pretempada de petanca na cancha de Campolongo. ÿ a previa ao campionato interparroquial.
Trátase de ir collendo corpo, afinando a puntería, tantearse uns aos outros, e o máis importante facer amigos. Nesta ocasión hai un equipo debutante composto por Luis Bará, Demetrio Gómez e Miguel Filgueira. Si, todos eles concelleiros.