Lores felicita por carta a Feijóo e pídelle unha reunión "para repasar os compromisos que están en marcha"
Por Oskar Viéitez & Natalia Puga
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, enviará este mesmo luns unha carta ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, para felicitalo pola súa reelección no cargo. De paso, aproveitando que a súa toma de posesión xa foi efectiva o pasado sábado, pediralle manter unha reunión "para repasar e concretar todos os compromisos que están en marcha na cidade" e o rexedor confía en que "sexan unha realidade".
Lores sinalou este luns, a preguntas dos medios de comunicación, que para esta nova lexislatura o seu "desexo" é "un cambio de políticas". Fronte ás críticas de todos os partidos da oposición polo continuísmo de Feijóo ao confirmar a todos os seus conselleiros da época anterior, Lores non ve que esta reedición do goberno da Xunta sexa tan negativo a nivel local, senón que "que as persoas sexan as mesmas ten un efecto positivo porque polo menos xa coñecen as demandas de Pontevedra".
Lores non quixo facer unha valoración concreta do novo goberno porque opinar sobre persoas "non é responsabilidade miña" e limítase a sinalar que "o que me interesa é a actitude diante das demandas que a cidade de Pontevedar plantexa do goberno da Xunta dentro das súas competencias".
O desexo do alcalde é que se confirme o "cambio de actitude" que "percibimos na última precampaña electoral" tras "sete anos de ninguneo" ás peticións do Concello de Pontevedra ao goberno da Xunta.
"DESAZÓN" E "DECEPCIÓN" DE CARMELA SILVA
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, expresou a súa "desazón" e "decepción" polo "continuísmo" da Xunta ao manter aos mesmos conselleiros.
Nun encontro cos xornalistas, a socialista Carmela Silva quixo "mostrar mi decepción" e asegurou que aínda que é consciente de que "al Partido Popular los cambios no le gustan, son conservadores" o que lle "preocupa" son as consecuencias políticas que vai ter.
Neste sentido, a presidenta da Deputación criticou que a renovación dos mesmos conselleiros supón que "vamos a seguir apostando por la sanidad privada" ou pola "educación privada". E sinalou que "difícilmente el sector primario va a ser prioritario en la política del gobierno de la Xunta sino hay cambios radicales".
En resumo, Carmela Silva entende que na liña marcada polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo "no hay ningún proyecto de verdad de futuro, innovador, de valor añadido, de internacionalización" ou un plan industrial, e que vai seguir facéndose a mesma política social "y por lo tanto seguirá habiendo niños que viven en la pobreza" ou persoas desempregadas "que no reciben ninguna ayuda ni subsidio", comentou.
Para a presidenta da Deputación, os cidadáns están "abocados a cuatro años más de una Galicia que no mira al siglo XXI y que sigue anclada en un proyecto que no da respuestas a esta sociedad".
"Más de lo mismo", engadiu. "Tristemente es cierto que los ciudadanos decidieron y lo tenemos que admitir. Como responsable política quiero mostrar mi desazón porque el PP siga en el conservadurismo que lo cualifica", concluíu.