O pontevedrés Alberto Escobar Rivas, Premio Nacional de Bacharelato: "Fue sin querer"
Por Redacción
Alberto Escobar é un "cerebriño" pontevedrés que acaba de gañar o Premio Nacional de Bacharelato. Conseguiu o galardón superando a 134 estudantes de toda España cunha media de 9,33 e tras gañar un dos premios extraordinarios de Bacharelato de Galicia.
Este mediodía foi recibido polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís e alí comentou como se enterara de que era o gañador deste premio que o sitúa como o mellor estudante de bacharelato de España: "Resulta que hace dos domingos, estaba en Coruña en casa de una abuela, y me enteré por un tweet que me mandó una amiga. Estaba solo en casa, no sabía si llamar a mi abuela, a mis padres o hacer la cama. Llegaron papá y mamá y no me lo podía creer. Mamá llorando, papá riéndose... A día de hoy no me lo puedo creer. Fue sin querer".
Afirma que é un estudante constante e defínese como "muy trabajador". O director do Instituto Sánchez Cantón, Eladio Otero, confirmao: "ÿ un alumno exemplar que deixou unha pegada no instituto incríble. O máis importante son os compañeiros porque o consideran unha persoa afable. Ten unhas notas incríbles e deséxolle o mellor porque é un talento difícil de atopar".
O mozo tras ter estudado bacharelato no IES Sánchez Cantón, agás o primeiro curso que o realizou en Pensylvania grazas unha bolsa da Fundación Pedro Barrié de la Maza, cursa agora primeiro de Dereito na Universidade de Santiago, ademais de ser escollido asesor dun proxecto da Embaixada de Estados Unidos en España. O seu obxectivo é seguir a estudar para poder realizar o seu traballo en Galicia e afirma que superaremos a crise: "Ao mellor peco de inxenuo e optimista. Vexo ben o futuro. Eu escoito sempre as historias que me conta a miña avoa sobre a guerra civil, por iso eu creo que saimos de situacións moitísimo peores. Con traballo e con entusiasmo sairemos cara adiante e teremos un futuro mellor para Galicia". Y asegura: "A vida pode dar moitas voltas pero eu négome a emigrar. Eu amo esta terra que me deu moitísimo e o mínimo que podo facer é devolverlle todo o que me dá. A miña primeira opción é quedarme aquí, e poñer todas as miñas gañas para facer desta terra un lugar mellor para vivir".
Polo momento, mentres estuda primeiro de Dereito agarda, nun futuro, ser xuíz ou dedicarse ao dereito urbanístico. Se segue así, traballo non lle vai faltar.