O BNG insta á Xunta a que acometa o dragado da ría de Pontevedra
Por Oskar Viéitez
O grupo parlamentario do Bloque Nacionalista Galego (BNG) presentará unha proposición non de lei pedindo á Xunta que dote unha partida orzamentaria e axilice a aprobación do dragado da ría de Pontevedra.
A Xunta de Galicia, a través de Portos de Galicia, iniciou en 2011 a tramitación dun proxecto para o dragado e rexeneración da bancos marisqueiros no fondo da ría de Pontevedra, nun treito de aproximadamente 4 quilómetros entre o Clube Naval e Os Praceres, no que está previsto retirar aproximadamente 300.000 toneladas de lamas e outros sedimentos.
Despois de seis anos de tramitación, o proxecto aínda non se fixo realidade. Según recolle o Bloque, esta situación está a provocar "graves consecuencias para ao sector do mar", xa que impide a rexeneración e recuperación de bancos marisqueiros do fondo da ría, prexudicando especialmente o sector do marisqueo a flote "que viu moi mermada nos últimos anos a súa actividade e ingresos".
A colmatación da desembocadura e a canle do río Lérez tamén prexudica á navegación deportiva e a actividade do Náutico, debido ao escaso calado da canle de navegación do río e do porto deportivo.
O Bloque sinala que malia a urxencia desta actuación, demandada en numerosas ocasións polas confrarías do fondo da ría e polo Clube Naval, "Portos de Galicia escúsase na complexidade da tramitación administrativa para xustificar un retraso de máis de seis anos na elaboración, aprobación e execución do proxecto. Un record sen dúbida difícil de superar".
O deputados do BNG din compartir a preocupación do sector marisqueiro e da navegación deportiva ante o retraso que vai acumulando o proxecto, o que obriga a modificalo para adaptalo aos cambios normativos e aos cambios na situación dos fondos mariños, que seguen acumulando sedimentos. Entenden tamén que como medida compensatoria polo retraso, o proxecto deberá executarse nunha única fase, dotarse da conseguinte partida orzamentaria e licitarse no 2017.
Relacionadas:
-
O BNG só logra o apoio do PSOE para pedir que a dragaxe da ría non espere a 2018
Por Redacción |
-
Así será a dragaxe do Lérez
Por Oskar Viéitez |
-
Camisetas negras contra a violencia machista no pleno ao que María Rey levou a un dos seus fillos
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O Club Naval, a Marea: "No sabemos qué pretenden estos señores con sus infundios"
Por Alejandro Espiño |
-
Marea Pontevedra quere evitar o dragado do río Lérez
Por Oskar Viéitez |
-
A dragaxe do Lérez segue a ser "prioritario" para o PSdeG-PSOE
Por Redacción |
-
A Deputación súmase á petición do Clube Naval de dragado do río Lérez
Por Redacción |