A superlúa brilla sobre Pontevedra
Por Mónica Patxot
Na noite deste luns era difícil pasear por Pontevedra e non atopar a persoas mirando cara ao ceo en busca da lúa máis grande e máis brillante que se viu desde o ano 1948. Centos de pontevedreses tentaban fotografar cos seus móbiles o satélite que se atopaba máis próximo que de costume.
Durante esta noite o diámetro da lúa aumenta ao redor dun 14% e o brillo tamén increméntase un 30% fronte a outro día normal de lúa chea.
Con todo, o tamaño resultaba difícil aprecialo a primeira ollada. O que máis chamaba a atención entre os afeccionados á astronomía e á fotografía era o resplandor que desprendía, moito máis intenso do habitual.
Durante este achegamento lunar, a atracción gravitatoria resulta maior e o efecto que produce no noso ao redor é a presenza de mareas máis vivas. Precisamente, moitas das persoas interesadas en apreciar o fenómeno achegáronse ata praias da contorna para facerse "selfies" co astro de fondo.
Para volver apreciar unha superlúa será necesario esperar ata o ano 2034.