O roubo dos 'buzos' saíulle ra
Por Redacción
Hai xa sete meses desapareceu toda un traxe de mergullo dun domicilio de Pontevedra. Os responsables do roubo forzaron unha ventá e leváronse dous traxes de neopreno, ademais de lentes de mergullo, un puñal de mergullo, uns escarpíns, un par de luvas de mergullo e un tubo de respiración. Esta semana descubriuse o ladrón. Cando xa debía crer que a acción fora un éxito, o seu delito saíulle ra.
O detido é un veciño de Pontevedra de 45 anos e foi descuberto por vender os obxectos subtraídos en distintos establecementos de compravenda da cidade. Unha vez 'pescado' no seu delito, non tivo inconveniente en recoñecelo na Comisaría da Policía Nacional.
Foi detido e denunciado ante o Xulgado de Garda por un delito de roubo con forza nun domicilio e quedou en liberdade con cargos, pero deberá comparecer ante o xuíz cando sexa requirido.
O roubo remóntase ao 10 de xullo de 2012. Un pontevedrés denunciou na Comisaría que lle roubaran todo o material de mergullo referido, valorado en máis de 500 euros, e que unha das ventás de acceso ao seu domicilio presentaba síntomas de ter sido forzada.
Os investigadores iniciaron as xestións pertinentes para tratar de descubrir o acontecido. Continuando coas indagacións, os axentes puideron comprobar que o agora detido vendera os efectos subtraídos en diferentes establecementos de compravenda da cidade.
O 19 de febreiro un dos axentes encargados da investigación interveu o traxe de neopreno localizado nun establecemento de compravenda de obxectos de segunda man e o denunciante recoñeceu que era o que lle roubaran. O 25 de febreiro localizouse a persoa que vendera o traxe e que resultou ser o ladrón confeso.