A Cafetería Savoy cambia de propietarios coa intención de reabrir en abril
Por Redacción
Tras dous meses pechada, o futuro da Cafetería Savoy resultaba complicado. Ao longo desta xornada, os novos propietarios deste establecemento pegaron dous carteis anunciando a reapertura do local e o cambio na xerencia, ademais de incluír a fotocopia dun información do xornal La Voz de Galicia, asinada por Elena Larriba.
Nesta noticia indícase que Eduardo Fernández Soto e Daniel Goday Díaz, dous empresarios arxentinos, fillos de españois vanse facer cargo da cafetaría que rexentaba José Ángel Francisco Araújo ata que no pasado nadal decidiu pechar o negocio.
A nova formulación destes empresarios centraríase en que o Savoy fose tamén un lugar de tapeo e de copas. A previsión de apertura trasládana ao longo do mes de abril, tras contratar o novo persoal e realizar algunhas reformas no interior do establecemento.
Ao longo do día, numerosos pontevedreses paráronse ante o Savoy e mostraron a súa satisfacción ante o anuncio dunha reapertura da clásica cafetaría de Pontevedra.