Cuntis aposta pola castaña con denominación
Por Redacción
O Concello de Cuntis aposta por fomentar a Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Castaña de Galicia polo seu "valor engadido" a todos os cidadáns que queiran producir castaña. O goberno local lembra que o seu territorio atópase dentro da Denominación de Orixe e cre conveniente potenciar esta capacidade.
Para apostar por esta castaña con denominación, o vindeiro sábado 19 de novembro organizarán unha xornada informativa sobre a castaña situada dentro da IXP. Será a partir das 10.00 horas na casa de cultura Roberto Branco Torres.
Esta xornada organizouse por primeira vez xa o ano pasado aproveitando que Cuntis está na zona con denominación de orixe e para deixar clara esta aposta municipal polo cultivo do produto.