Sito Miñanco enfróntase a seis anos de cárcere por blanquear diñeiro do narcotráfico xunto á súa familia
Por Natalia Puga
O narcotraficante de Santo Tomé (Cambados) José Ramón Prado Bugallo, coñecido como Sito Miñanco, goza na actualidade dun controvertido segundo grao penal, pero esta vida fóra do cárcere pode ter os meses contados.
A Fiscalía Pontevedra concluíu o seu escrito de acusación na última fronte xudicial que tiña aberto, unha investigación por branqueo de capitais iniciada no Salnés e que será xulgada na Audiencia Provincial. No caso de que salga adiante a petición do fiscal, será condenado a seis anos de prisión.
O escrito da Fiscalía, asinado o pasado 2 de novembro e do que tivo coñecemento PontevedraViva, formula acusación contra cinco persoas, entre elas Sito Miñanco, a súa filla, a súa primeira esposa, a súa cuñada e quen se converteu en persoa da súa máxima confianza. O fiscal considera que todos eles son autores dun delito de branqueo de capitais por limpar diñeiro procedente do tráfico de drogas e pide para cada un unha pena de seis anos de prisión e o pago dunha multa de dez millóns de euros.
Os cinco sentarán no banco dos acusados da Audiencia Provincial de Pontevedra, unha sede xudicial que Sito Miñanco coñece por unha comparecencia no ano 2001, pero na que ata agora non foi xulgado. De feito, para formular a súa acusación, o fiscal baséase nas condenas por tráfico de drogas que lle impuxo a Audiencia Nacional e que o mantiveron 23 anos en prisión, pero non en ningunha pena que se lle impuxo en xulgados galegos a pesar de que é nesta comunidade na que centralizou a súa actividade delituosa durante décadas.
O delito polo que serán xulgados cometérono presuntamente entre os anos 1988 e 2007 tendo como eixo de actuación un axencia con sede en Cambados coa que adquiriron múltiples propiedades inmobiliarias en distintas localidades pontevedresas, como Pontevedra, Cambados ou Sanxenxo, utilizando diñeiro presuntamente derivado das actividades de tráfico de drogas que realizaba Sito Miñanco.
A axencia adquiriu un patrimonio multimillonario que inclúe máis de 50 leiras, unha vintena de pisos e casas, naves, garaxes ou trasteiros. O primeiro dos pisos que comprou foi un na rúa Benito Corbal no ano 1988 e desde entón practicamente todos os anos tiveron compras fóra dun pequeno parón a principios dos anos 90. A Fiscalía solicita o comiso de todas as propiedades, cuxo valor non transcendeu.
O Xulgado de Cambados concluíu a instrución e o fiscal presentou o seu escrito de acusación, de modo que agora xa será cuestión de meses que un dos capos da droga máis famosos desde que hai 25 anos desenvolveuse a operación Nécora volva sentar ante un tribunal.
Relacionadas:
-
Un perito ve "coherentes" os patrimonios da filla e a ex de Sito Miñanco e bota por terra a acusación por branqueo
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Xuízo contra Sito Miñanco: cando avogado e acusado rivalizan en flashes
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Sito Miñanco, en folga de fame na prisión da Lama
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Sito Miñanco, ante a Audiencia: enfróntase a seis anos de cárcere por blanqueo
Por Redacción |
-
Sito Miñanco lideraba unha das estruturas narco-criminais máis potentes a nivel mundial
Por Redacción |
-
Sito Miñanco e a súa filla, detidos nunha operación contra o narcotráfico
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
O banco dos acusados da Audiencia de Pontevedra espera a Nené Barral e a Sito Miñanco
Por Redacción |
-
Os narcos do Salnés saltan a televisión con "Fariña", a nova serie de Antena 3
Por Alejandro Espiño |
-
Sen perdón para Sito Miñanco polo "genocidio" da xeración perdida
Por Marisa Ciordia & Natalia Puga |
-
A "xeración perdida" pola droga en Arousa mantén a Sito Miñanco lonxe de Galicia
Por Redacción |
-
Vázquez Taín: "A pregunta é: cantos medios publicaran abertamente no 2001 que Marcial Dorado era narcotraficante"
Por Mónica Patxot & Natalia Puga |