"¿Cuándo duermes en la calle y hace frío? Yo pienso en Jamaica"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot
Recolle as súas escasas pertenzas para acompañarnos a coñecer un amigo "que él sí que sabe lo que es dormir en la calle con este frío, lleva 20 años".. Pide ás súas cadelas 'Hierba' e 'Fichi' que se levanten do suadoiro que tendeu no chan para que non se arrefríen coas baixas temperaturas e disponse a gardar a prensa nunha mochila. Ao levantala desperdigan se polo chan varias decenas de moedas, o que "gañou" durante todo o día. "¿Pero son todo céntimos ", é a pregunta atónita. "Sí, hay días que sí", responde Jose. Non o fai resignado, na súa cara permanece o sorriso co que acaba de contar a historia de todas as vicisitudes que pasou xa nos seus tan só 20 anos de vida.
Recolle os céntimos un a un con xesto de gratitude ata que o interrompe unha moza. Trae un paquete envolvido en papel de aluminio, pónseo na man e vaise ás présas ao descubrir que unha cámara o retrata. "Es unha lasaña" e a rapaza que acaba de darlla traballa nun establecemento próximo, "todas las noches nos da lo que sobra a alguno de los que estamos por aquí, en la calle". A el solucionoulle a cea, pero, aínda así, despídese dicindo que vai ao supermercado. Comprará algo de comer para a súa compañeira, que o espera no que é o seu fogar dende hai un mes e medio, unha casa abandonada en Poio.
Jose afástase pola rúa Michelena. Xa é noite pechada e ten que chegar ao seu 'fogar'. Vaise dando as grazas, é unha palabra que repite ao longo do día cada vez que alguén se achega, a darlle unha moeda ou a charlar con el. Leva xa sete meses en Pontevedra, a maior parte deles facendo malabares na rúa Michelena e "ya conozco a mucha gente", algúns danlle algunha moeda, pero "yo prefiro que me den comida". Antes, deixa tras el unha revelación. Minutos antes relataba que os cinco primeiros meses da súa estanza en Pontevedra viviu e durmiu na rúa a diario e nese tempo tivo noites tan xélidas como as que a última semana está a vivir a cidade.
- "¿Cuándo dormías en la calle, cómo aguantabas estas noches de frío?"
- "¿Qué haces cuando duermes en la calle y hace frío? No sé los demás. Yo pienso en Jamaica".
Tras el queda ese segredo contra as baixas temperaturas e a historia dun rapaz que leva dende os 16 anos buscándose a vida. Ten unha nai e dous irmáns, pero a proxenitora "por supuesto, no me quiere en casa". Tampouco é que o seu fogar previo fose moi acolledor. "Mi madre es de esas que alquila un piso, paga el primer mes y luego ya no. Yo no estoy de acuerdo con eso, yo no pago, vivo en una casa abandonada, pero por lo menos no le quito la casa a nadie porque ahora hay mucha gente que a lo mejor tiene que irse a vivir con los padres o con quien sea y alquilar su casa para pagar una hipoteca, con la crisis hay mucha gente así y si no le pagan, ¿qué hacen?".
Antes de irse da casa aos 16 anos xa estivo tutelado pola Administración pública, pero logo conseguiu un traballo. Durante dous anos, ata os 18, traballou de soldador para unha mesma empresa e cando se rematou o emprego descubriu "que sólo había cotizado por mí un mes". "Le dije: ¿esto es lo que pagaste?, ¿este puto mes? Menos mal que me pagó el sueldo todos los meses, pero me quedé sin paro, sin cobrar un duro", recorda.
Dende entón foi vagando. "Trabajé en vendimias, en carpintería, un poquito de albañilería, en la empresa de pinturas de un colega y después en el bar que monté con mi madre y que no funcionó y ahora aquí estoy", sinala mentres acaricia ás súas dúas cadelas, unha súa e outra da súa compañeira, e amigas inseparables nos seus días na rúa. Non as deixa soas nin un minuto e iso carréxalle complicacións como que "yo no puedo dormir en un albergue, no puedo meter a las perras". Tampouco pode ir a un comedor social e "prefiero comer un bocadillo de mortadela o quedarme sin nada, pero yo no las dejo solas, me hacen mucha compañía. Cuando hace frío también me dan calor y cuando duermo en un banco sé que si alguien se va a acercar a hacerme daño ellas me van a avisar".
Non se pasa o día enteiro facendo malabares. Tamén busca traballo, pero "no hay nada, hasta Jerez mandé currículum". Onde non se achega é ás oficinas de Servizos Sociais. Non confía no sistema. Cando vivía en Ourense coa súa ex noiva intentou solicitar unha axuda Risga, "tenía todo en regla, pero el tío que estaba empadronado donde yo vivía se fue a Nueva York y tenía que desempadronarse. ¿Y yo qué hacía? ¿Iba a Estados Unidos para que me firmase un papel y volvía para que me pagasen 400 euros asquerosos? No, para eso estoy mejor en la calle, si como bien y sino es cosa mía".
Así pasou os últimos meses en Pontevedra. "Dormí en cajeros, sobre todo en los que estaban en el Hiperfroiz y el Froiz de la avenida de Vigo, estuve dos semanas en una casa, pero estaba fatal, era deprimente, y ahora estoy en esta casa. Tuve que limpiarla porque no es como cuando llegas a una casa de alquiler, tuve que limpiar toda la mierda de la gente que estuvo allí antes, desde botellas a cosas que no te imaginas, en plan que pensaba '¿cómo cojo yo esto', pero ahora ahí estoy, a base de velas, no hay estufas, pero con unas mantas y con un colchón que reciclas y muebles que tira la gente, pero que están bien". En noites como as desta onda de frío evítase ter que pensar en Xamaica para conciliar o sono.