Ferido ao ser atropelado polo seu propio tractor nunha finca de Aios
Por Redacción
Un home resultou ferido e tivo que ser trasladado ao hospital tras ser atropelado polo seu propio camión nun terreo do lugar de Aios, en Sanxenxo.
Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, o sinistro produciuse ás 12.50 horas de hoxe xoves. Un particular deu a voz de alarma e mobilizáronse ao lugar Urxencias Médicas de Galicia 061, os Bombeiros do Salnés e o Servizo de Emerxencias de Sanxenxo.
O Servizo de Emerxencias de Sanxenxo indicou que o condutor caeu do tractor nunha manobra e foi arrolado por el mesmo. O home non quedou atrapado polo tractor, pero si que resultou ferido e tivo que ser trasladado por unha ambulancia do 061.