O BNG esixe en Pontevedra unha AP-9 galega e sen peaxes
Por Redacción
A AP-9 debe ser transferida a Galicia e ser liberada de peaxes. É a reclamación que está a realizar o BNG no marco dunha campaña autonómica que, este luns, tivo parada en Pontevedra. A Casa da Luz acolleu un acto público no que os nacionalistas expuxeron as razóns que lles levan a pedir unha autoestrada galega e sen peaxes.
O deputado Luis Bará fixo un repaso polo "agravio" aos galegos que supón o estado actual da AP-9 en mans de fondos de investimento estranxeiros, nomeadamente "aquel que se fai chamar Corsario e que ten o nome moi acaído para a súa actividade en Galicia".
Bará tamén denunciou o "desprezo" do goberno de Madrid con Galicia que se nega a debater a transferencia desta infraestrutura mentres dispoñen de seis mil millóns de euros para rescatar as autoestradas madrileñas.
A actual situación da AP-9, recordou o deputado do BNG, fai que sexa case a máis cara de todo o estado e que a día de hoxe, "sexa ben máis caro ir de Vigo a Ferrol que de Vigo a Madrid".
Fronte a esta situación, Bará tildou a Feijóo como un exemplo de "político servil" máis preocupado "de non molestar a Madrid que de gobernar Galicia como se merece".
Pola súa banda, a coordinadora comarcal do BNG, Eva Vilaverde, avanzou que xunto ás iniciativas parlamentarias que xa se cumplimentaron, os repartos de información nas rúas e os actos políticos, haberá unha mobilización este sábado para pagar a peaxe con céntimos e presentaranse mocións nos concellos da comarca reclamando os obxectivos desta campaña.
Relacionadas:
-
O BNG convoca en Pontevedra unha asemblea aberta de cargos públicos contra "a estafa das peaxes"
Por Redacción |
-
O PSOE apela a Ana Pastor para que desbloquee co seu voto o debate da transferencia da AP-9 no Congreso
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O BNG recorrerá ante o Tribunal Constitucional o veto do PP ao traspaso da AP-9
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O BNG colapsa as cabinas de peaxe entre Pontevedra e Vigo contra "a navallada" da AP-9
Por Redacción |
-
O BNG inicia unha campaña de incidencia social e política para recuperar a xestión da AP-9
Por Natalia Puga |
-
Un convenio coa AP-9 garante que os vehículos de bombeiros non terán que deterse nas cabinas do peaxe
Por Redacción |
-
Pontevedra reclama de forma unánime a transferencia da AP-9 a Galicia
Por Alejandro Espiño |