Rueda pon ao PP a traballar para as próximas eleccións municipais, dentro de 30 meses
Por Redacción
O Comité Executivo do Partido Popular de Pontevedra, presidido por Alfonso Rueda e no que participou como convidado o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, aprobou este venres a primeira convocatoria de congresos locais a celebrar en 2017, serán dez, entre eles os de Vilagarcía, Caldas, O Grove e Portas. A estas citas congresuais lle hai que sumar o Congreso do PP de Vigo.
A intención da dirección provincial é, segundo asegurou o presidente, que este proceso de reestruturación das xuntas locais quede concluído a finais do vindeiro ano. Haberá dúas fases, a primeira nos próximos meses, coa celebración dos congresos aprobados este venres, e a segunda no segundo semestre de 2017 con outros tantos congresos.
Rueda asegurou que o obxectivo é que o partido se poña a traballar para as próximas eleccións xerais de dentro de 30 meses.
COMPROMISARIOS CONGRESO NACIONAL
O Comité Executivo provincial vén de comezar ademais o proceso de selección dos compromisarios que representarán á provincia de Pontevedra no congreso nacional que se celebrará en febreiro de 2017.
En total serán 81 os representantes a elixir entre as 62 xuntas locais da formación na provincia aos que se sumarán dous membros da organización xuvenil de Novas Xeracións e os compromisarios natos, 12 nesta provincia, que se corresponden cos membros da Xunta Directiva Nacional, e nos que se atopa ademais de Mariano Rajoy, Ana Pastor, Alberto Núñez Feijoo e Alfonso Rueda, os demais deputados e senadores.
Desta forma, un total de 95 persoas representarán a provincia de Pontevedra no congreso que se vai celebrar en Madrid
Relacionadas:
-
Alfonso Rueda: "A maquinaria do PP quedará lista en 2017 para recuperar alcaldías e a Deputación"
Por Redacción |
-
Tomás Fole, ao Congreso dos Deputados tras a renuncia de José Balseiros
Por Redacción |
-
Alfonso Rueda, en PontevedraViva Radio: "Presentaremos á mellor persoa para optar á alcaldía en 2019"
Por Alejandro Espiño |
-
Núñez Feijóo realiza un balance vitorioso no encontro coa Xunta Directiva Provincial do PP
Por Mónica Patxot |