O Teatro Principal, escenario de homenaxe ás vítimas silenciadas durante o franquismo
Por Redacción
O Teatro Principal converterase este mércores nun espazo de emocións a través dunha homenaxe ás mulleres represaliadas desde os últimos días de xullo de 1936, que sufriron asasinatos, penas de cárcere ou desapareceron e que, en moitos casos, continúan esquecidas. Trátase de persoas vencelladas ao sindicalismo, ao mundo agrario e obreiro.
Por este motivo, o Concello de Pontevedra organiza este acto, de entrada libre, a partir das 20.00 horas do mércores no Teatro Principal. Durante este evento haberá música, lectura de biografías dalgunhas das protagonistas daquelas duras historias, proxección de imaxes e grafittis para lembrar e sacar do silencio as historias non contadas. A cantante Uxía Senlle e a aula de Teatro Municipal de Pontevedra participarán nesta iniciativa.
Contarase a historia de dez familias que sufriron a represión en Pontevedra. Lembrarase aos irmáns Gama Casalderrey, que foron sometidos a duras multas económicas e aos que se incautaron dous ultramarinos; á familia Méndez, que sufriu o asasinato de Emilo Péon, Manuel Méndez e José Galego; a familia Gómez Lodeiro, a quen lle queimou un alpendre en Salcedo para que, a continuación, os fascistas asasinasen a Gómez Corbacho. A súa muller foi fusilada o 19 de decembro deixando a dúas nenas orfas. Tamén se ofrecerá un relato das vicisitudes da familia Sánchez Casalderrey e de Tomé Loureiro.
Relacionadas:
-
Homenaxe á Pontevedra solidaria do 36 e o franquismo
Por Redacción |
-
Un mural de nomes silenciados lucirá no Concello en memoria das familias represaliadas
Por Mónica Patxot |
-
Salcedo rende homenaxe ás vítimas da represión franquista
Por José Luiz Oubiña |
-
A Pontevedra da loita obreira represaliada no Franquismo retorna do silencio
Por Mónica Patxot & Natalia Puga |
-
RADIO.- Costureiras: cando a agulla e o fío era a alternativa á dureza do campo
Por Marisa Ciordia |
-
RADIO.- Fina Paz, orfa de Ramiro Paz: "Cada 12 de novembro amence o mesmo día gris, de chuvia miúda"
Por Marisa Ciordia |
-
Pontevedra rescata a memoria de Consuelo Acuña e Elvira Lodeiro, fusiladas na Ditadura
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |