Os veciños do edificio Cruceiro 17 reiteran o seu rexeitamento ao centro social de Rexurdir
Por Oskar Viéitez
Persiste o rexeitamento dun grupo de veciños do edificio número 17 da rúa Cruceiro ante a próxima apertura do centro social de Rexurdir. Esta semana a concelleira de Benestar, Carmen Fouces, acompañada da presidenta de Rexurdir provincial, Ángeles Guisán, mantiveron un encontro con estes residentes.
Os representantes veciñais reiteraron o que veñen manifestando mediante unha recollida de firmas e a colocación de carteis na rúa, a súa "preocupación" ante a instalación dun Centro de Atención Continuada.
Segundo informou Carmen Alonso, presidenta da comunidade de propietarios do edificio número 17 da rúa Cruceiro 17, os veciños de novo insistiron en que ao centro acudirán "persoas con problemas de drogadicción, alcoholismo e saúde mental" e que nesa contorna atópanse o colexio das Doroteas e o Froebel. As comunidades educativas de ambos os colexios desmarcáronse das reivindicacións e queixas destes veciños.
Tras escoitalos, a concelleira e a presidenta de Rexurdir explicáronlles que o local se escolleu por ser céntrico e de fácil acceso e deron toda clase de detalles sobre o tipo de atención que se vai a desenvolver neste servizo, subvencionado polo Concello de Pontevedra e a Xunta de Galicia, insistindo en que o centro non vai supoñer ningún problema nin para os escolares nin para os veciños.
Con todo, estes entenden que os usuarios deste tipo de centros "teñen dificultades para cumprir normas e comprometerse con programas establecidos" para desengancharse das súas adiccións.
Os veciños propuxeron que se use para este fin algún dos locais dispoñibles que dependen do Concello e reprocharon a Carmen Fouces a tardanza en recibilos e o "ocultismo interesado" co que se levou este tema.
Finalmente, a reunión concluíu sen acordo e "os veciños seguimos mostrando o noso rexeitamento á localización elixida".
Relacionadas:
-
Rexurdir Provincial asina un convenio co Sergas de 27.000 euros para atención xurídico social
Por Redacción |
-
Regresan as queixas contra o local de Rexurdir, os veciños denuncian falta de seguridade e sucidade
Por Manu Otero |
-
Cidadáns cre que é "perfectamente lóxica" a reclamación do veciños respecto ao centro de Rexurdir
Por Redacción |
-
Presentan por rexistro algo máis de mil sinaturas contra o novo centro social de Rexurdir
Por Redacción |
-
"Todos temos prexuízos de base"
Por Oskar Viéitez |
-
Recollen sinaturas contra o novo centro de Rexurdir
Por Oskar Viéitez |
-
Preocupación entre os veciños do Cruceiro pola apertura no seu barrio do novo centro de Rexurdir
Por Oskar Viéitez |