O cantante de 'Aquí no hay playa' alerta en Barro das letras machistas en temas de éxito
Por Redacción
Bernardo Vázquez, o cantante do grupo The Refrescos, que se fixo popular polo seu éxito 'Aquí no hay playa', ofrecía este luns unha actuación-recital na Nave de Outeiro de Barro para os estudantes do IES de Barro ao que tamén acudiron os escolares da ESO de Meaño.
Nesta actuación, o músico introducía vídeos, imaxes e cancións interpretadas en directo mentres realizaba un percorrido por cancións moi coñecidas, tanto de antes como actuais, mostrando a forte carga sexista que se segue arrastrando nas letras e víceos musicais, ademais de en os distintos tipos de contidos audiovisuais que a sociedade consome diariamente.
A finalidade desta actuación foi concienciar aos máis novos destes mensaxes sexistas que se transmiten a través da música, da televisión e, en xeral, dos medios de comunicación.
Con esta proposta búscase que os máis novos perciban a necesidade de que se rexeiten estas condutas machistas e búsquese a igualdade plena entre as mulleres e os homes.