O Sergas terá que volver adxudicar a Xefatura de Psiquiatría do Chop
Por Oskar Viéitez
Os compañeiros do médico psiquiatra Víctor Pedreira Crespo difundían este venres entre amigos e coñecidos unha sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Pontevedra "Lembras o caso da Xefatura do Servizo de Psiquiatría do Hospital no que lle birlaron a praza a Víctor Pedreira?", empezaba a mensaxe compartida polo WhatsApp.
Efectivamente, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) vese obrigado a volver convocar o proceso administrativo para adxudicar a xefatura de Psiquiatría do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (Chop).
O xulgado dá a razón a Víctor Pedreira e estima que se vulneraron os principios de igualdade, mérito e capacidade por parte da comisión de avaliación que asignou a Xefatura de Psiquiatría primando a un candidato en detrimento do denunciante, que foi xefe deste servizo do Chop entre os anos 1982 a 2012.
Ao entender que existiu parcialidade a Xustiza anula o proceso, polo que o Sergas terá que repetir o proceso administrativo nomeando unha nova comisión de avaliación.
Relacionadas:
-
A xustiza obriga o Sergas a cesar a Isauro Gómez Tato como xefe de Psiquiatría do CHOP
Por Oskar Viéitez |
-
O TSXG da a razón a Víctor Pedreira no seu preito co Sergas pola súa destitución como xefe de Psiquiatría do CHOP
Por Oskar Viéitez |
-
O PSOE pide o cesamento do xerente do CHOP por "nepotismo"
Por Oskar Viéitez |
-
Comisiones Obreras pide a dimisión do xerente dos hospitais de Pontevedra
Por Redacción |
-
A Audiencia sobresee definitivamente a denuncia interposta por Víctor Pedreira contra o xerente do CHOP
Por Redacción |
-
O TSXG recrimina ao xerente do CHOP a forma en que cesou un xefe de servizo
Por Redacción |