Nova vertedura contaminante ao Gafos
Por Redacción
Membros do colectivo ecoloxista Vaipolorío puxeron en coñecemento do 112 Emerxencias Galicia un vertido contaminante ás augas do río dos Gafos.
Esta agresión ambiental foi detectada este domingo 11 de decembro ao mediodía.
Segundo informaron dende Vaipolorío, a vertedura proviña dunha tubaxe de pluviais da que saían residuos de augas grises, presuntamente de lavadoras ou fregadeiros.
Foi no lugar do Alcouce (Figueirido), no Concello de Vilaboa.
Persoal da unidade de control de vertidos de Augas de Galicia tomaron as mostras correspondentes.
Relacionadas:
-
Unha nova vertedura tingue de branco o treito urbano do río Gafos
Por Redacción |
-
Localizan unha vertedura de cascallos nas inmediacións do río Gafos
Por Redacción |
-
Vaipolorío alerta dunha vertedura de terra no río Pombal procedente das obras da A-57
Por Redacción |
-
Vaipolorío comeza a guerra contra os "Plumachos" invasores
Por Redacción |
-
Alertan da deterioración de varias pasarelas no río dos Gafos
Por Oskar Viéitez |