O Ramal dos Galos de Bueu será reformado en 2017
Por Redacción
O concelleiro de obras e servizos de Bueu, Fidel Castro, e a concelleira de promoción económica e turismo, Silvia Carballo, visitaron este luns o parque Ramal dos Galos e á rúa do mesmo nome para presentar o proxecto de mellora integral que se vai a iniciar o próximo ano nesta zona.
Acometeranse varias melloras como a finalización do formigonado, o pintado da reixa exterior e incluiranse varios elementos para crear un parque biosaudable, dentro do proxecto de renovación previsto para os parques do municipio.
Asfaltarase tamén o viario e retiraranse os alcorques que se atopan en mal estado e inflúen no levantamento das beirarrúas. Ademais, está prevista a mellora da iluminación na zona.
Tamén esta mañá comezaron os traballos de formigonado nas xardineiras da Praza Massó, que ocasionaran diversos problemas nos últimos tempos debido ao incremento dos usos deste espazo.
O Concello decidiu comezar con esta medida, que se complementará coa rexeneración do espazo substituíndo o estanque por unha fonte cibernética.