Presentan por rexistro algo máis de mil sinaturas contra o novo centro social de Rexurdir
Por Redacción
O rexeitamento dun grupo de veciños da rúa Cruceiro ante a apertura do novo centro social de Rexurdir no seu edificio chegou este martes ao rexistro municipal. Conseguiron reunir 1.265 firmas e entregáronas pedindo ao alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, que admita as súas reivindicacións.
Os veciños manteñen que se opoñen á apertura do centro de atención a persoas sen fogar nun baixo do edificio número 17 da rúa por "ser prexudicial para a normal convivencia dos cidadáns da contorna".
O escrito que acompaña as firmas traslada ao alcalde a "preocupación" e o "sentir" dunha parte da sociedade pontevedresa que expresou a súa "oposición" á apertura do centro por "non ser unha localización idónea".
A súa intención é que o Concello "tome coñecemento" do problema que aseguran que se lles expón como veciños e "actúe en consecuencia" buscando unha nova localización para o centro "que non xere conflitos coa cidadanía".
Este desacordo coa localización do centro de Rexurdir xa a manifestaban nas última semanas tanto a través de escritos colgados polas rúa do barrio como en reunións co Concello e coa asociación Rexurdir.
Relacionadas:
-
Regresan as queixas contra o local de Rexurdir, os veciños denuncian falta de seguridade e sucidade
Por Manu Otero |
-
O PP visibiliza na súa "nueva etapa" o apoio ao local de Rexurdir
Por Oskar Viéitez |
-
Cidadáns cre que é "perfectamente lóxica" a reclamación do veciños respecto ao centro de Rexurdir
Por Redacción |
-
Os veciños do edificio Cruceiro 17 reiteran o seu rexeitamento ao centro social de Rexurdir
Por Oskar Viéitez |
-
"Todos temos prexuízos de base"
Por Oskar Viéitez |
-
Recollen sinaturas contra o novo centro de Rexurdir
Por Oskar Viéitez |
-
Preocupación entre os veciños do Cruceiro pola apertura no seu barrio do novo centro de Rexurdir
Por Oskar Viéitez |