"Wine Advocate", unha prestixiosa guía inglesa de viños, volve fixarse nas Rías Baixas
Por Alejandro Espiño
Wine Advocate, a guía de viños de Robert Parker, considerado un dos críticos de viños máis influíntes do mundo, volve fixarse nos caldos da D.O. Rías Baixas. Por primeira vez, un dos seus críticos, o norteamericano Neil Martin, visita Galicia para profundizar no coñecemento do viño albariño. Durante a súa estancia, catará máis de 140 viños de diferentes añadas da D.O., especialmente procedentes da vendima de 2011.
"ÿ un viño interesante", explica Neil Martin, quen compara o viño de Rías Baixas con outros caldos franceses e alemáns. Pero cunha peculiaridade, a importancia da zona na que se sitúa. "Ten presente a influencia do mar, podes sentilo, o que o converte nun viño moi característico e agradable ao paladar", asegura.
E destaca ademais outra das súas potencialidades, a súa perfecta maridaxe coa gastronomía, o que lle abriu as portas ao mercado de restauración inglés. "ÿ un viño fantástico para acompañar coa gastronomía. Ao saborear este viño, é posible soñar con bebelo mentres comes polvo ou o marisco que tendes en Galicia".
Con respecto ao grado de coñecemento de Rías Baixas no Reino Unido, o segundo maior mercado da denominación tras Estados Unidos, Neil Martin recomenda ampliar as tarefas de promoción. "Somos un país que non elabora viño, chéganos de todas partes do mundo e a competencia é moi forte. En concreto, en España hai moitas D.O., pero máis aló da Rioja é difícil destacar".
E bromea con que o maior problema para a D.O. é que "o seu nome é moi difícil de pronunciar para nós", o que ao seu xuízo dificulta a expansión en terras inglesas. "Soa simple e estúpido, pero os ingleses se estamos nun restaurante e non somos capaces de pronunciar o nome dun viño, non o pedimos, dános vergonza dicilo mal". Definitivamente, deberían cambialo, di, entre risas.