Os terreos de Froiz no polígono de Barro-Meis serán traballados por usuarios do Juan XXIII
Por Redacción
Usuarios da Fundación Xoán XXIII de Pontevedra serán os encargados de desenvolver os traballos de mantemento dos terreos recentemente adquiridos polo Grupo Froiz no polígono industrial de Barro-Meis, onde ten previsto instalar no futuro un novo centro de operacións. Trátase duns terreos de máis de 11 hectáreas, nos que se inclúen os tramos de monte lindeiros. Ambas entidades asinaron un convenio de colaboración para que se desenvolvan estes traballos de integración.
Os centros especiais de emprego representan unha das vías máis efectivas para garantir o dereito ao traballo das persoas con discapacidade, segundo expoñen desde a Fundación Xoán XXIII, sobre todo para as persoas con discapacidade intelectual, porque esta modalidade proporciona apoios adecuados ás súas necesidades laborais e sociais.
Apuntan que se está contribuíndo a xerar unha cultura da integración que tamén está a calar entre os colectivos empresariais. A colaboración entre as empresas e os centros especiais de emprego para persoas con discapacidade constitúen fórmulas moi positivas de desenvolvemento empresarial. Demostrouse que ten un impacto moi positivo no fortalecemento da cultura da empresa e na implicación dos traballadores. Estas colaboracións contribúen a cumprir coas obrigacións legais en materia de reserva de postos de traballo para persoas con discapacidade.
Relacionadas:
-
A Fundación Juan XXIII e o centro Príncipe Felipe, unidos nunha xornada de traballo polo Día da Árbore
Por Sofía Fernández Fuentes |
-
O novo centro loxístico de Froiz que dará traballo a máis de 500 persoas estará listo en tres anos
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Xa podes mercar algunha das 48 parcelas dispoñibles no polígono de Barro-Meis
Por Redacción |
-
Froiz espera abrir o seu novo centro loxístico en "dous ou tres anos"
Por Redacción |