O PP reclama á Deputación axudas específicas para renovar os campos de herba sintética
Por Redacción
O estado dos campos de herba sintética da provincia non é o máis axeitado e por iso o Partido Popular pídelle á Deputación que cree unha liña de axudas específica para renovar estas instalacións deportivas. Farao cunha proposta que se debaterá no pleno deste mércores.
Os populares consideran que deben ser fondos independentes ao Plan Concellos, polo que esixirá ao goberno bipartito que reserve nos orzamentos de 2017 unha partida para facer fronte a este gasto.
Ángel Moldes, voceiro do PP, apunta que na actualidade existen concellos que están destinando parte do Plan Concellos para repoñer o céspede, o que provoca que teñan que renunciar a prestar outros servizos ou investimentos.
Considera que esta vai ser unha práctica xeral no vindeiro ano, como así llo trasladaron alcaldes e os propios clubs deportivos nas reunións que o PP está organizando polas comarcas, e nas que amosaron a súa preocupación por como afrontar os custes para repoñer a herba sintética.
Desde o PP recordan que os primeiros campos de herba sintética construídos na provincia xa teñen dez anos, que precisamente é o tempo de vida útil que se garante cando hai un uso intensivo do terreo de xogo.
Por iso, o plan que propoñen permitiría comezar a cambiar a herba sintética nos campos nos que o seu deterioro estea xustificado tecnicamente, e dando prioridade aos máis antigos.
En total, na provincia hai máis de cen campos de herba sintética na provincia, un plan posto en marcha polo goberno de Louzán que, destaca, permitiu aumentar de xeito notable o número de licencias, pero sobre todo, o número de escolas deportivas e de nenos que practican este deporte nunhas instalacións modernas e de calidade.
Relacionadas:
-
A Deputación emprende un proxecto de mantemento para os campos de fútbol provinciais
Por Luca Yohan Silva Lamy |
-
Informes técnicos confirman os erros no orzamento da Deputación que denunciou o PP
Por Redacción |
-
Diálogo e máis financiamento para os concellos, principais alegacións do PP ao orzamento da Deputación
Por Oskar Viéitez |
-
Máis de 360.000 euros para renovar a herba sintética do campo de fútbol da Xunqueira
Por Redacción |