Xa queda menos para comezar a reforma do Froebel
Por Oskar Viéitez
O xoves, día 11, ás dez dá mañá, o xefe territorial de Cultura e Educación en Pontevedra, César Pérez Ares, acudirá á firma da acta de replanteo dás obras de reforma dá cuberta do CEIP Froebel de Pontevedra.
A firma celebrarase no propio centro.
Trátase da primeira fase das obras de reforma e mellora deste colexio nas que se investirán máis de 600.000 euros.
A actuación comprende tres fases, cun orzamento total de 1,7 millóns de euros.
Os traballos previstos, pendentes desde hai anos, suporán a reforma integral de todas as cubertas da edificación e do espazo interior para mellorar a condicións de habitabilidade e accesibilidade.
Segundo explicaron responsables da Xunta á dirección do Centro escolar as obras realizaranse en bloques verticais para que non sexa necesario pechar o colexio totalmente.
As primeiras actuacións afectarán á parte da edificación correspondente á entrada desde a rúa Alfonso XIII, que abarca a fachada e o patio triangular, onde se construirá un ascensor para comunicar as tres plantas do inmoble.
Os traballos teñen un prazo de execución de catro meses.