Unha cadea humana abrazará o Provincial en "apoyo y solidaridad con el sistema sanitario público"
Por Natalia Puga
Unha cadea humana abrazará o próximo xoves 7 de marzo o Hospital Provincial para "dar oportunidad a los ciudadanos de Pontevedra a mostrar su apoyo, su solidaridad y su abrazo al sistema sanitario público".
O acto foi convocado pola Plataforma Sos Sanidade Pública. O voceiro do colectivo, Manuel Martín, fai un"llamamiento a todos los ciudadanos de Pontevedra para hacer una cadena humana en la que todos con la mano vamos a rodear esta institución hospitalaria reflejando así nuestra valoración del servicio nanitario del área y de toda la sanidad publica y el reconocimiento a los trabajadores sanitarios".
O acto pretende tamén "defender el carácter público de los recursos" da Área Sanitaria Norte de Pontevedra e canalizar unha das principais demandas do colectivo: "esiximos que de xeito inmediato se recupere o modelo de hospital público único recuperando o proxecto de ampliación do Hospital Montecelo".
Ao respecto, o voceiro da Agrupación Médica de CIG-Saúde, Francisco Vázquez Vizoso, explicou que se trata dun "acto lúdico reividicativo con música e zancudos" co que tamén queren denunciar que o proxecto para construír un novo hospital en Monte Carrasco "foi unha cortina de fume para ocultar a realidade de que o hospital único non se fixo".
Este médico do CHOP tamén pediu a participación dos propios profesionais da sanidade pública pontevedresa porque "o nivel de mobilización do persoal dasanidade é mellorable" e do resto dos pontevedreses para rematar coa "pasividade da sociedade de Pontevedra ante ou timo do hospital".
O presidente da Federación de Asociacións de Veciños Catelao, Verísimo Pazos, pide a presenza no acto "da xente non só de Pontevedra, senón da comarca, da provincia e de Galicia porque estamos todos non mesmo barco" e é un barco no que se loita contra a "política de recortes" do Goberno actual.
O presidente da Federación de Asociacións de Veciños Boa Vila, José Luis Vidal Laíño, solicita aos asistentes que "veñan con bata branca ou algo branco" e Manuel Martín anima a todos os cidadáns a que acompañen a presenza na cadea humana con outros actos simbólicos "encender velas, llevar lazos o lo que quieran, que llenen de lacitos las verjas del Hospital Provincial".
Este acto reivindicativo terá como seguinte acción pública unha manifestación convocada para o 21 de marzo ás 20.00 horas na praza da Ferraría, que Manuel Martín pretende que "sea la manifestación más importante en defensa de la salidad pública que se ha hecho en Pontevedra. Tenemos que ser un clamor para que la administración sanitaria tome una decisión que es urgente, que abandone ese fantasma del hospital de Monte Carrasco".
Para convocar os cidadáns da Área Sanitaria Norte de Pontevedra durante as últimas semanas os organizadores convocaron charlas e actos informativos en todas as parroquias do municipio capitalino e en todas as localidades da zona de influencia do CHOP. "En los debates están participando miles de personas", pois houbo "algunas charlas con 20 personas y otras con 300".