A Xunta acepta trasladar a Josefina Arruti o acceso dos autobuses á futura estación intermodal
Por Oskar Viéitez
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, informou ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores que acepta a proposta municipal de trasladar á nova avenida Josefina Arruti o acceso dos autobuses á futura estación intermodal.
Ethel Vázquez mantivo este xoves unha xuntanza de traballo co alcalde para falar da variante de Alba e na que tamén se abordou a mellora da intermodalidade, actuando na conexión entre as terminais de ferrocarril e de autobuses.
Cómpre lembrar que na xuntanza do mes de outubro o Concello de Pontevedra trasladoulle á Xunta unha proposta de cambio do vial de acceso aos andéns da estación de autobuses, que desde a Xunta quedaron en avaliar.
Neste sentido, a conselleira explicou que xa se recibiron os primeiros datos dos estudos de tráfico que indican que, a priori, esta alternativa sería viable, o que permite seguir avanzando na configuración da intermodalidade que mellor se adapte ás necesidades dos veciños.
A titular de Infraestruturas destacou a importancia da colaboración entre administracións, que neste caso está a posibilitar avanzar en proxectos que darán resposta ás necesidades dos veciños de Pontevedra.
"Me vou contentísimo, non bailo porque estou mal da columna", chanceou o alcalde ao rematar o encontro.
O novo deseño non afecta ao orzamento da obra que oscilará entre dous e tres millóns de euros.
Relacionadas:
-
A entrada á estación por Josefina Arruti eleva a catro millóns o custo da intermodal
Por Alejandro Espiño |
-
A Xunta e o Concello quedan para falar do financiamento da estación intermodal
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta estudará a proposta do Concello de cambiar a entrada da estación de autobuses a Josefina Arruti
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
"Non me gustan as toupeiras", di Lores ante o posible túnel para unir as estacións de tren e autobuses
Por Alejandro Espiño |
-
Inician as medicións para o deseño da estación intermodal
Por Redacción |