Os traballadores de Elnosa intensificarán en 2017 a súa campaña contra o BNG
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
Avelino García, presidente do comité de empresa de Elnosa, é claro: o persoal da electroquímica va a intensificar a campaña en defensa da empresa para contrarrestar os ataques que reciben do BNG e das outras agrupacións políticas (PSOE e Marea), como a proposta non de lei presentada esta semana pola agrupación nacionalista no Parlamento galego para que a clorera cesase a actividade na ría. E a primeira acción que teñen previsto executar será durante os días 3 e 4 de xaneiro cunha marcha a Santiago. Os traballadores partirán, na súa maioría a pé, o martes 3 ás 08.30 horas do Concello de Pontevedra e trasladaranse nesta primeira xornada ata Padrón. A segunda será desde Padrón ata a capital de Galicia cunha protesta ante a sede do BNG.
Os representantes sindicais afirman que a dirección da empresa está disposta a seguir co seu plan de cambio tecnolóxico e calculan que en febreiro contarán coa autorización ambiental integrada. Entenden que se abren dúas opcións para a empresa. A primeira consistiría en obter unha moratoria para adaptar o actual sistema de mercurio coa consecuente transformación da factoría electroquímica. A segunda opción contempla o desmantelamento do actual sistema de maneira que a empresa dedicaríase en Lourizán a elaborar hipoclorito sódico temporalmente.
José Luis García Pedrosa, secretario comarcal de Comisións Obreiras, alertan de que os traballadores continuarán na pelexa contra o goberno local e contra a súa oposición ao mantemento de Elnosa na súa actual localización. E destacou que a campaña que está a levar a cabo o persoal foi determinante no cambio de actitude por parte da Xunta de Galicia e por parte da propia dirección da empresa para apostar polo seu mantemento na ría pontevedresa.
Relacionadas:
-
Escrache ao alcalde a seis meses da data límite para Elnosa en Lourizán
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Traballadores de Elnosa comezan a súa peregrinaxe a Compostela: "Ninguén nos vai intimidar"
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O voto en contra do PP impide aprobar no Parlamento unha proposición non de lei do BNG sobre Elnosa
Por Redacción |
-
A xustiza avala a renovación da autorización ambiental integrada de Elnosa
Por Redacción |
-
Os traballadores de Elnosa "torturan" o goberno de Lores con música de Pimpinela
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Elnosa presentará a solicitude da autorización ambiental a primeiros de 2017 e mantén a súa loita co Concello
Por Anxo Lourido |