Os centros sanitarios de Quirónsalud Pontevedra implantan a súa nova imaxe corporativa
Por Redacción
Os catro centros sanitarios que Quirónsalud ten en Pontevedra e Poio estrearon nova imaxe corporativa coa renovación de toda a sinalización exterior. É un paso máis no proceso de implantación do grupo Quirónsalud en Pontevedra, desde que adquirira o grupo de hospitais Miguel Domínguez.
A actualización, acometida en dúas semanas, realizouse tanto na entrada principal do Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez como na recepción de Urxencias e Consultas Externas, no Centro Médico Quirónsalud Pontevedra e o Centro de Rehabilitación Quirónsalud Pontevedra que prestan asistencia sanitaria na cidade.
No Concello de Poio tamén se colocaron os novos rótulos no Instituto de Neuro-Rehabilitación Quirónsalud Pontevedra.
SOBRE QUIRÓNSALUD
O Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez é o centro hospitalario privado de referencia da comarca de Pontevedra. Fundado en 1947, conta con máis de 50 médicos especialistas, 5 quirófanos e a máis avanzada tecnoloxía de probas e diagnóstico. Desde outubro de 2015, forma parte do Grupo Hospitalario Quirónsalud, o máis importante de Europa, con máis de 6.000 camas, 43 hospitais e 63 centros sanitarios en España.
O Grupo Quirónsalud, entre os seus valores corporativos, promove a saúde e os hábitos de vida saudables. Conta cun amplo equipo de profesionais altamente especializados e de prestixio internacional, que promove a investigación clínica médico-científica, a docencia e a translación clínica, co obxectivo de contribuír a mellorar a saúde das persoas e da contorna que as rodea.
Relacionadas:
-
Quirónsalud Miguel Domínguez combina Pediatría e Diverhospital
Por Noticia patrocinada |
-
RADIO.- Rafael Domínguez, o traumatólogo pontevedrés que gañou ao tenis a Adolfo Suárez
Por Anxo Lourido |
-
Novo servizo de Pediatría no Quirónsalud Miguel Domínguez cos doutores Ramiro Blanco e Mónica Camaño
Por Redacción |
-
María Jesús Álvarez dirixirá o novo servizo de Cirurxía Plástica de Quirónsalud Miguel Domínguez
Por Redacción |
-
O doutor Emilio Rodríguez Sáez dirixirá a Unidade de soño e neurofisioloxía clínica do Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez
Por Redacción |
-
O Instituto de Neuro-rehabilitación Quirónsalud Pontevedra conta co único Lokomat adaptado para pediatría de Galicia
Por Redacción |
-
Mar Vélez, nova directora asistencial do Hospital Miguel Domínguez
Por Redacción |
-
Óscar Alonso, novo xerente do grupo hospitalario Miguel Domínguez
Por Redacción |