Búscanse activistas contra a violencia viaria
Por Redacción
A asociación Pedaladas quere que xaneiro sexa o mes da 'Cero Violencia Viaria' e poñerá en marcha unha campaña específica na que se organizarán multitude de accións coa meta de concienciar á cidadanía e ás administracións da necesidade de "ter o obxectivo de cero mortos nas estradas".
A campaña 'Cero Violencia Viaria: Obxectivo Cero mortos de Pedaladas' vén propiciada polo forte aumento de vítimas nas estradas, pois tanto en España coma en Galicia este 2016 rompeuse a tendencia á baixa da siniestralidade.
A primeira acción da campaña é facer un chamamento a todos os ciclistas a que saian á estrada coa cámara para denunciar as actitudes perigosas e as infraccións, que todos os días poñen en perigo a ciclistas, peóns e condutores. Piden activistas voluntarios que lles axuden a denunciar tanto por rexistro ante as administracións públicas como nos medios de comuicación incumprimentos en materia de seguridade viaria.
Entre outras accións, queren recoller en imaxes adiantamentos perigosos que non respectan o metro e medio de separación lateral mínima ou os vehículos estacionados usando a beiravía transitable que dificultan e poñen en perigo a peóns e ciclistas ao ter que desprazarse polo carril e non pola beiravía transitable.
Ademais, como novidade, van a buscar imaxes de todas as sinalizacións irregulares e as deficiencias graves que se detectan nas estradas para denunciar ás administracións titulares das vías, tanto o Ministerio de Fomento como a Xunta de Galicia, a Deputación Provincial e os distintos concellos.
Pedaladas declarase en guerra total contra a permisividade das administracións coas condutas que poñen en perigo aos ciclistas, o "colectivo máis vulnerable da estrada".
"Queremos ir seguros e non asustados pola estrada, queremos que as nosas familias non nos despidan cun "ten coidado" senón cun "pásao ben" e por iso precisamos un compromiso serio por parte de todos, non estamos dispostos a pagar un prezo tan alto por algo que é evitable", sinalan desde a asociación.
Relacionadas:
-
Estas oito condutas ao volante puxeron en perigo a ciclistas e xa foron denunciadas
Por Natalia Puga |
-
As infraestruturas non son neutras nos sinistros viarios
Por Oskar Viéitez |
-
RADIO.- Vas ao volante, precédeche un ciclista e hai liña contínua: adiantas?
Por Marisa Ciordia |
-
Ao insti, en bici e seguros
Por Redacción |
-
Mollabao séntese un "barrio marxinal e degradado" e reclama "a calidade urbana" do resto de Pontevedra
Por Redacción |
-
Plataforma única ata a avenida de Lugo, entre as peticións de Pedaladas ao Rei Mago Miguel Anxo
Por Alejandro Espiño |
-
Pedaladas pide que non se usen ós ciclistas como arma no conflito laboral da Policía Local
Por Oskar Viéitez |
-
Querido Rajoy: xa veñen os Reis e en Pontevedra pedímoslles...
Por Redacción |