Os Reis Magos comezan a súa longa xornada en PontevedraViva
Por Redacción
Melchor, Gaspar e Baltasar visitaban a primeiras horas da mañá deste xoves as instalacións de PontevedraViva para comentar nunha entrevista con Marisa Ciordia como van os preparativos para esta xornada e facernos partícipes dos seus temas musicais preferidos, que poderás coñecer no programa Playlist deste venres, día de Reis.
As súas Maxestades visitaban PontevedraViva Radio en primeiro lugar durante esta xornada do xoves dentro do amplo número de lugares que van percorrer durante as próximas horas para manter contacto cos máis pequenos e coñecer de primeira man cales son as súas peticións para esta noite máxica.
Así sucedía este venres nas instalacións de PontevedraViva, onde un grupo de nenos viron ás súas Maxestades e puideron pedirlles os seus agasallos preferidos como patinetes ou scalextric.
Os Reis levan un lixeiro atraso na súa axenda debido á picada que sufriron nunha roda do seu coche oficial ao redor das 09.00 horas. Os paxes interviron rapidamente e arranxaron o dano a través das súas habilidades máxicas para continuar coa comitiva polas rúas de Pontevedra ao longo de toda esta xornada.
Ás 18.00 horas, Melchor, Gaspar e Baltasar subirán ás carrozas para realizar o percorrido da cabalgata, repartindo caramelos, polas rúas Xosé Malvar, Loureiro Crespo, Benito Corbal, praza da Peregrina, Michelena e praza de España. O desfile finalizará na Alameda.
Relacionadas:
-
Parada Real en PontevedraViva
Por Redacción |
-
RADIO.- Uns Reis Magos con gustos musicais setenteiros
Por Marisa Ciordia |
-
VÍDEO.- A cabalgata de Pontevedra en dous minutos
Por Redacción |
-
Melchor, Gaspar e Baltasar percorren a cidade antes da noite máis ilusionante
Por Redacción |
-
Xa están aquí os Reis Magos!
Por Oskar Viéitez |
-
Os Reis tampouco faltarán na súa cita con Bueu
Por Redacción |
-
Percorrido contrarreloxo dos tres magos por Poio
Por Oskar Viéitez |
-
Unha ampla comitiva acompañará aos Reis Magos na súa cabalgata por Marín
Por Redacción |